Escoitar

Vigosónico recupera a actividade das salas de ensaio

O alcalde avanzou este xoves a apertura das nove salas de ensaio a finais do mes de febreiro, logo de ter que permanecer pechadas para “preservar a saúde das persoas usuarias” ante a pandemia Covid.

xoves, 3 feb 2022
O rexedor durante a rolda de prensa deste xoves
O rexedor durante a rolda de prensa deste xoves

Vigosónico retoma a actividade para o seu uso habitual a finais do mes de febreiro, tal e como anunciou Abel Caballero, que explicou que a pandemia obrigou ao seu peche pola esixencia dun protocolo de protección “moi especial” contra a Covid.

“O peche foi unha medida de preservación da saúde e agora abrirá en dúas dimensións: a formación musical e as salas de ensaio e gravación de maquetas dos grupos da cidade”, expuxo o alcalde.

O goberno municipal realizou, a través dunha empresa, un estudo sobre a calidade do aire en cada cabina con persoas ensaiando (a modo de proba) e procederon a comprobar canto tardaba en renovarse o aire co fin de poder establecer protocolos de uso con tódalas garantías. Ademais, o Concello cambiou os filtros do sistema de refrixeración do aire, xa que as cabinas son totalmente herméticas, polo que cómpre buscar un sistema eficiente de renovación do aire.

Abel Caballero avanzou que o Concello dispón xa dos resultados e, en base a eles, preparou un “protocolo sanitario específico para cada sala”. Ademais, chegarán proximamente uns medidores de CO2 específicos para cada sala con sistema wifi (que se vai a controlar desde un computador e cando a calidade do aire non sexa a adecuada, procederase ao desaloxo dos usuarios ata que se renove para poder ofrecer tódalas garantías sanitarias ás persoais que acoden a estes espazos.

 

 

 

Descargar todas as imaxes