Abel Caballero inaugura a humanización da rúa Troncoso
O importe da obra foi de 362.000 euros. Ademais das novas beirarrúas e a nova estética, tamén renováronse as redes de saneamento e abastecemento.

O alcalde inaugurou a humanización da rúa Troncoso, no entorno de Vía Norte. Unha obra que tivo un orzamento de 362.000 euros.
Abel Caballero cualificou a rúa como “moi deteriorada”, previa a humanización, e lamentou que iso fora “o Vigo que atopamos ao chegar ao Goberno”.
Deste xeito, a nova rúa Troncoso conta cunha nova rede de saneamento e abastecemento, con colectores e pluviais para o rego. Ademais, hai novas beirarrúas de granito, xardinería e novas árbores. Tamén o alcalde manifestou que Troncoso “é unha rúa sostible e eficiente” coas novas 8 luminarias led con regulares de intensidade.
O rexedor anunciou que Troncoso é a primeira das rúas do entorno a Vía Norte que comezará a humanizar o goberno local.

