O Concello garante o control arqueolóxico nas obras da Porta do Sol
As obras contan co control arqueolóxico dunha empresa contratada polo Concello, supervisadas por técnicos arqueólogos de Patrimonio.
As obras contan co control arqueolóxico dunha empresa contratada polo Concello, supervisadas por técnicos arqueólogos de Patrimonio.
Forma parte da segunda fase da adecuación da Vía Verde, a senda peonil e ciclista que executa o Concello sobre o antigo trazado ferroviario, desde Urzáiz ata Chapela. Abel Caballero anunciou a próxima posta en uso do viaduto de 51 metros “nun prazo moi breve de tempo” e unha nova ordenación do tráfico na unión de Vía Norte con Escultor Gregorio Fernández “para mellorar a accesibilidade e a mobilidade”.
O alcalde, Abel Caballero, e a presidenta provincial, Carmela Silva, asistiron este luns á inauguración da obra, pagada polas institucións local e provincial por importe próximo aos 200.000 euros. Silva louvou o proxecto educativo do colexio e Caballero subliñou unha reforma que pon “en cor” ao Pintor Laxeiro.
Xunto ao concelleiro Ángel Rivas, o alcalde, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión con Fernando García e Katu Iturbe para abordar un proxecto internacional de promoción da muller e da educación en África, a través de actividades de sensibilización no resto do mundo. Trátase de difundir os valores, cualidades e posibilidades de futuro do continente africano.