Escoitar

O Concello solicita 11 bandeiras azuis, unha máis que no 2021

A Xunta de Goberno Local ratificou as solicitudes formuladas na campaña Bandeira Azul 2022. Ás 10 bandeiras do 2021, o Goberno local quere sumar Santa Baia.

venres, 28 xan 2022
Arquivo: o alcalde iza a bandeira azul de Samil
Arquivo: o alcalde iza a bandeira azul de Samil

A Xunta de Goberno Local vén de ratificar a súa solicitude á Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor para optar a 11 bandeiras azuis no ano 2022. O Concello quere sumar a praia de Santa Baia. Ademais, tamén optan a renovación os tres sendeiros azuis: Camiño de Beiramar, a senda entre os Faros das Illas Cíes e a senda litoral e do Monte da Guía.

O alcalde sinalou que haberá 11 praias no termo municipal co galardón de bandeira azul no ano 2022: “Vigo é a cidade con máis bandeiras azuis de España. Este ano queremos unha máis, o areal de Santa Baia, e serán once”.

No 2021 o Concello contou co recoñecemento de ADEAC nas praias de A Punta, Carril, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas, ademais dos 3 sendeiros. Este ano sumará Santa Baia.

Abel Caballero puxo de manifesto unha vez máis os sendeiros, e destacou o dos Faros nas Illas Cíes: “Son 6km de percorrido no paraíso que son as Cíes, que New York Times sinala como un dos 52 destinos medioambientais imprescindibles para visitar no 2022. Nós limpamos a praia e facemos o mantemento. Tamén no sendeiro. Queremos que sexan Patrimonio da Humanidade”.

O rexedor lembrou que as bandeiras azuis son concedidas por un xurado internacional que valora criterios como a calidade da auga no baño, información e educación medioambiental e a xestión ambiental e seguridade, ademais de servizos e instalacións.

Descargar todas as imaxes