Escoitar

Caballero destaca o papel relevante dos concellos na restitución aos propietarios dos bens inmatriculados da Igrexa

O alcalde de Vigo e o Ministro da Presidencia, Félix Bolaños, trasladaron este xoves a plena colaboración da FEMP e o Goberno para retornar uns 1000 bens inmatriculados pola Igrexa católica, recollidos no documento que o Ministro entregou a Caballero, para a súa localización e devolución aos seus titulares.

xoves, 27 xan 2022
O alcalde e o ministro Félix Bolaños durante a entrega do documento que recolle uns 1.000 bens inmatriculados da Igrexa
O alcalde e o ministro Félix Bolaños durante a entrega do documento que recolle uns 1.000 bens inmatriculados da Igrexa

“Estamos a iniciar o camiño da restitución dos bens inmatriculados, un camiño que debe continuar con máis bens e propietarios” pero que “representa un paso moi significativo”, asegurou esta mañá Abel Caballero, no transcurso do acto no que o Ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática lle fixo entrega dun documento e un pen- drive coa información correspondente aos bens inmatriculados pola Igrexa católica para a localización e posterior restitución desde os concellos aos seus lexítimos propietarios.

No acto, celebrado na sede da FEMP, ambos manifestaron a plena disposición a colaborar para levar adiante este proceso no que as entidades locais xogan un papel relevante, nun mecanismo que prevé que, tras recibir a información remitida desde a FEMP, os alcaldes e alcaldesas poidan iniciar o proceso de localización dos propietarios.

Para o presidente da FEMP, esta liña de colaboración establecida co Executivo vén amosas o “músculo político, a capacidade e a presenza vertebradora territorial dos concellos”. O Ministro Bolaños, pola súa banda, subliñou na súa intervención que “imos colaborar, a cooperar para acompañar sobre todo aos concellos máis pequenos que teñen menos medios, que teñen menos capacidade para asesoralos”, de xeito que os bens poidan ser recuperados “para o dominio e para o patrimonio público, e tamén, cando corresponda, para o patrimonio e a titularidade dunha persoa física”. Así mesmo, manifestou que “este é un primeiro acordo” e que o traballo continuará para “seguir estudando distintos bens para, cando cumpra, regularizalos e devolvelos aos seus lexítimos titulares”.

 

 

O alcalde e o ministro Félix Bolaños durante a entrega do documento que recolle uns 1.000 bens inmatriculados da Igrexa
Descargar todas as imaxes