O Pleno urxe á Xunta o apoio á candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
O Grupo Socialista pediu retirar “de forma urxente” a candidatura a Patrimonio da Humanidade para o Parque das Illas Atlánticas e apoiar a proposta do Concello “na que se está a traballar desde fai 7 anos”, asegurou a edila Yolanda Aguiar.
O Pleno aprobou cos votos do Grupo Socialista, a abstención do Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito e os votos en contra do Partido Popular instar á Xunta de Galicia a retirar “de forma urxente” a candidatura do Parque das Illas Atlánticas para Patrimonio da Humanidade e que “declare públicamente o seu apoio á candidatura proposta polo Concello para da declaración das Illas Cíes”.
A concelleira socialista defendeu que “o Concello está a traballar desde fai 7 anos para conseguir a declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade” e lamentou que a Xunta “non levara a cabo ningunha actuación, máis aló do boicot permanente á candidatura de Vigo”
Yolanda Aguiar puxo de manifesto que “o traballo do Concello ao redor da candidatura de Cíes foi incesante: constitución dun comité científico, un comité socio-económico, un comité técnico con especialistas de renome en candidaturas Patrimonio Mundial da UNESCO, divulgación científica, guías didácticas...”, enumerou.
Desde o Grupo socialista defenden a “singularidade” das Illas Cíes, co recoñecemento feito polo xornal New York Times como un dos mellores destinos turísticos medioambientais do mundo. “Isto é un dos mellores expoñentes para conseguir para conseguir o noso obxectivo. É imprescindible que a Xunta retire de inmediato a súa candidatura e non obstaculice de xeito institucional que as Illas Cíes sexan Patrimonio da Humanidade”, sentenciou.