O alcalde recibiu este luns ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do TSXG, José María Gómez, celebraron este luns unha reunión na Alcaldía viguesa, sendo esta “a primeira vez que un presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén a este Concello”, segundo sinalou Caballero antes do comezo da entrevista.
