Escoitar

O alcalde eloxia a “valentía” das participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico

Abel Caballero despediu esta mañá ás cinco participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico dentro do Reto Pelayo Vida “66 Norte”, unha iniciativa que ten por obxectivo sensibilizar sobre a importancia na prevención do cancro. O rexedor, na súa intervención, fixo un chamamento para o cribado do cancro de mama non se descoide como consecuencia da pandemia.

venres, 10 set 2021

Logo de louvar unha iniciativa chea de “valentía que serve para lanzar unha mensaxe de esperanza”, o alcalde reivindicou que non pode haber ningunha razón que descoide a prevención desta enfermidade, tampouco unha pandemia. Agradeceu aos profesionais sanitarios a súa implicación e felicitou a todas ás mulleres participantes pola seu valor porque “iniciar nestes momentos unha travesía ao Ártico on é un tema menor”. O rexedor non esqueceu darlle ás grazas tamén ao resto da tripulación e a Seguros Pelayo como empresa patrocinadora.

As cinco expedicionarias, que venceron un cancro de mama, parten hoxe en barco desde o Porto de Vigo para percorrer 2.500 millas náuticas a 20 grados baixo o cero, aproximadamente.

Descargar todas as imaxes