Escoitar

Vigo consigue o primeiro incentivo social do programa RECICLOS de Ecoembes no que participa o Concello

Máis de 1.100 veciñas e veciños fixeron posible a axuda á Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) grazas a doazón dos puntos obtidos pola reciclaxe de latas e botellas de plástico de bebidas co sistema de Devolución e Recompensa.

venres, 10 set 2021
Imaxe de arquivo. Presentación da campaña Reciclos de Ecoembes
Imaxe de arquivo. Presentación da campaña Reciclos de Ecoembes

A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral – APAMP – contará co apoio de Ecoembes ao conseguir entre todos os veciños e veciñas de Vigo obter os puntos necesarios coa reciclaxe de latas e botellas de bebidas co sistema de Devolución e Recompensa.

Máis de 1.100 persoas sumáronse ao programa RECICLOS de Ecoembes no que participa o Concello e que comenzou o 1 de xullo, conseguindo deste xeito o primeiro incentivo social da iniciativa.

Agora establécese un novo reto social coa idea de apoiar á Asociación Galega San Francisco – AGASFRA – que adícase a mellorar a vida de persoas con diversidade funcional intelectual. Para iso toda a veciñanza de Vigo pode reciclar as súas latas e botellas de bebida de plástico nun dos 1.206 contedores amarelos -aos que se lles incorporou a tecnoloxía necesaria – para obter recompensas.

Para facer uso de Reciclos, os cidadáns só teñen que rexistrarse na webapp e, en casa, escanear o código de barras da lata ou botella de plástico que queiran reciclar antes de tiralo ao cubo. Unha vez na rúa, cando acudan ao contedor amarelo coa súa bolsa de envases, deben depositala alí e escanear o código QR que hai no contedor. Ao facelo, obterán puntos chamados Reciclos que poderán cambiar por participacións en sorteos de distintos produtos sostibles que contribúan á preservación do medio ambiente.

Descargar todas as imaxes