O alcalde reunirase co presidente de Renfe para acordar os servizos de Vigo
Abel Caballero anunciou que o seu plan inclúe unha parada en Vilagarcía no terceiro servizo con Madrid, que poñeríase en marcha segundo a demanda.
O alcalde e o presidente de Renfe manterán unha xuntanza este martes ás 13h. para acordar os servizos ferroviarios da cidade.
O rexedor proporá que circulen, polo menos, dous trens diarios con Madrid. Ademais, proporá un terceiro servizo, segundo demanda, e que faga unha parada en Vilagarcía. Segundo sinalou Caballero, “tardariamos 5 máis. Queremos facer ese xesto con Vilagarcía”.
O rexedor sinalou que as viaxes faranse pola vía de alta velocidade e se utilizará o bypass de Conxo “sin entrar en Santiago, parar na estación e moito menos cambiar de tren.” Polo tanto, a viaxe comezaría na estación de Urzáiz, pararía en Pontevedra e Ourense, e logo chegaría ata Madrid. “É a ruta máis eficiente”, sentenciou.
Tamén quixo facer fincapé en que esta ruta é “provisional” ata a construción da vía por Cerdedo “que xa temos concedida e está a facerse o estudo hidroxeolóxico.”