Escoitar

Samil gañará este verán unha nova zona verde coa demolición do edificio do Camaleón

O goberno local acometerá nas próximas semanas a demolición do edificio do Camaleón co que Samil gañará unha nova zona verde este mesmo verán. O custo das obras ascenden a preto de 140.000 euros.

luns, 14 xuñ 2021

O derrubamento do edificio do Camaleón permitirá contar en Samil cunha nova zona verde neste mesmo período estival, tal e como informou esta mañá o rexedor. A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto de derrubamento por un orzamento de 138.899 euros, unha vez recibido o informe favorable da Dirección Xeral de Costas. Nestes momentos o obxectivo é ”facer o antes posible a demolición”.