Escoitar

Caballero pide á Xunta revisar o aforo do transporte público ao mellorar a situación sanitaria

O alcalde lembrou que a tendencia é decrecente e, con prudencia, pediu as mesmas restricións que no resto de Comunidades Autónomas.

luns, 14 xuñ 2021

O rexedor súmase á petición da Asociación Empresarial de Transportes Colectivos Urbanos de Galicia e Avanza – Vitrasa para modificar as restricións de aforo no transporte público urbano. Caballero sinalou que á Xunta pode actuar como xa o fixeran outras Comunidades Autónomas como Aragón “que levantou todas ás restricións e non hai límite de aforo no autocar.”