Escoitar

O rexedor avoga pola "integración total" das persoas en risco de exclusión social

Durante a xornada "Estratexia para a promoción da economía social no eido da Pesca Industrial", organizada por Fundamar, Abel Caballero defendeu que "temos que conseguir a integración total" das persoas en risco de exclusión "non só na sociedade senón no aparato produtivo", un obxectivo para o que a "política social é imprescindible pero insuficiente", sentenciou. Na apertura do encontro estivo presente tamén a presidenta de Deputación, Carmela Silva que defendeu a presenza das mulleres no sector pesqueiro.

martes, 9 xul 2019
1562677273arvi.JPG
Descargar todas as imaxes