O corte de tráfico na Gran Vía para instalar as novas cintas mecánicas comenza este mércores
A colocación das ramplas na Gran Vía entre as rúas María Berdiales e Venezuela obrigan a cortar desde este mércores, 10 de xullo, o tráfico en sentido descendente, segundo anunciou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o a partir de mañá mércores, 10 de xullo, quedará cortado o tráfico na Gran Vía os tres carrís en sentido descendente e un ascendente polas obras de instalación das novas cintas mecánicas.
A reforma da Gran Vía -entre María Berdiales e Venezuela – xa comezou o pasado mes de xuño e abarca un total de 200 metros de percorrido no que se instalarán ramplas que facilitarán a mobilidade e a eficiencia enerxética.
Cun orzamento de 5,1 millón de euros, incluiranse espazos abertos de descanso, reordenarase o tránsito, ademais de renovar as redes de saneamento, pluviais, abastecemento, rego, alumeado, pozos e conexións con edificios.
As obras terán unha duración de 8 meses e inclúen, ademais das cintas mecánicas para mellorar mobilidade e a eficiencia enerxética, rutas e percorridos histórico culturais, en cada zona do bulevar.