Escoitar

O goberno local inicia un servizo experimental con lanzadeiras a tres parques forestais da cidade

O Concello habilitou desde a vindeira fin de semana un servizo experimental de transporte ata os parques forestais do Vixiador, Beade e Monte dos Pozos. Ademais, tamén haberá os días 11, 12 e 13 de xullo un servizo especial ao Campus Universitario para os alumnos que teñan que facer as probas de Selectividade.

martes, 9 xul 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o Concello de Vigo porá en marcha esta fin de semana un servizo experimental con lanzadeiras aos parques forestais de Vixiador, Beade e Monte dos Pozos. Os autobuses funcionarán os sábados e domingos e o goberno local pretende así estudar a demanda de viaxeiros para poder dar servizo ao cinto verde da cidade.

Ademais, Caballero informou de que tamén haberá dúas lanzadeiras os días 11, 12 e 13 de xullo para os alumnos que teñan que desprazarse ao Cumpus Universitario de Vigo para facer as probas de Selectividade. Neste caso os autobuses partirán os tres días ás 08:10 horas desde a Praza de América (parada de Fragoso) e da Praza de España (parada da Avenida de Madrid).