O Concello amplía o programa estival de festas con tres días de concertos na Porta do Sol
Son de Seu, Heredeiros da Crus, Tony Lomba & Elio dos Santos e Mitic actuarán esta semana na Porta do Sol dentro do programa de Vigo en Festas. O Concello de Vigo decidiu ampliar a oferta para este verán e tamén haberá actuacións durante tres días con outros vinte grupos de música tradicional e folk.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes en rolda de prensa que o Concello decidiu ampliar o programa estival de festas con tres días de concertos na Porta do Sol e a súa contorna.
Segundo indicou o rexedor, o xoves, 11 de xullo (22:30 horas) actuarán o grupo Son de Seu (Orquestra Folk de Galicia) e desde as 19h, na contorna de Porta do Sol, actuacións de Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valadares, Pandereteiras e gaiteiros Rueiro e Gaitas de Pardavila.
O venres, 12 de xullo (22:00 horas) será a quenda de Toni Lomba & Elio dos Santos e ás 23:00 horas actuará Heredeiros da Crus (concerto cancelado pola choiva en Carnaval) e desde as 19:00 horas Froles Novas, Pandereiteiras e Acordeóns Helios, Lembranzas Galegas y Asubío.
Por último, o sábado, 13 de xullo (22:30 horas) actuará MITIC O Espectáculo e desde as 11:00 horas haberá na contorna de Porta do Sol actuacións de Andarela, A Buxaina, Gaitas Atlántida, Corisco, Monteira, Queixumes, Arroases, Os Ventos de Comesaña, Traspés e flashmob.
Amparanoia e Melendi
Ademais, o alcalde tamén anunciou que este sábado (21:00 horas), na terraza do Auditorio Mar de Vigo, actuará en concerto Amparanoia. A entrada será gratuíta ata completar o aforo e pode recollerse as invitacións nas billeteiras do Auditorio, o xoves e o venres de 10 a 14h. As portas abriranse o sábado ás 20:00 horas, unha hora antes do inicio do concerto, que se celebrará no hall do Auditorio en caso de choiva.
Por último, tamén Melendi actuará o sábado 20 de xullo, ás 22 horas no IFEVI, dentro da súa xira "Mi cubo de Rubik". As entradas están á venta en diversas plataformas online desde 35 euros.
Descargar todas as imaxes