Caballero di que a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, o vindeiro día 23, é "unha homenaxe a todo o deporte"
A décimo-oitava edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca celebrarase o vindeiro día 23, xoves, ás 20:00 horas no Centro Cultural Afundación.
Así o anunciou hoxe o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado por José Antonio Freire, director de Desenvolvemento de Negocio de "Faro de Vigo", Jorge Martínez, director territorial de Abanca, e do edil de Deportes, Manel Fernández.
"A gala é no fondo unha homenaxe ao deporte en xeral, aos miles de persoas que o practican, que fan do deporte unha cultura na súa vida", sostivo o rexedor.
As federacións deportivas presentaron 46 candidatos ao premio absoluto masculino e feminino (29 homes e 17 mulleres) e 20 ao de mellor deportista promesa (13 rapaces e 13 rapazas).
O xefe do goberno municipal, a poucas datas do Día Internacional da Muller, valorou a incorporación masiva delas ao deporte de Vigo. Caballero, ademais,lembrou que en cinco anos a presenza feminina neste acto "é máis do dobre".
O político explicou que a gala non é exclusiva de Vigo senón tamén dos deportistas doutros concellos: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior. E será conducida por Jacobo Buceta (Radio Vigo). Ademais, este ano conta coa animación por parte do humorista Carlos Blanco e do caricaturista Davila.
Concello, Faro de Vigo e Abanca, patrocinadores do "momento dos recoñecementos e premios aos deportistas" decidiron darlle un papel protagonista ás promesas sub 19. Así, o xurado reunirase o vindeiro día 9 para decidir os dous vencedores absolutos e os dous promesa (que só se desvelarán na gala) e mencións especiais e o día 20 haberá un acto institucional exclusivo para os e as promesas.
Freire dixo que "Faro" se sentía "moi orgulloso desta gala" e Martínez asegurou que "Vigo está a uns niveis envidiables en deporte base para outras moitas urbes". Dende Abanca apuntouse que esta gala "converteuse nun dos grandes actos da nosa cidade, que transcende moito máis aló da súa implicación no mundo deportivo".
Descargar todas as imaxes