O Concello e o Conservatorio Superior de Música de Vigo impulsan os Concertos Didácticos
O goberno da cidade e o CSMVigo cooperan na organización dos concertos didácticos programados para este curso académico. Os días 7 e 9 de marzo, 600 alumnos e alumnas de doce colexios presenciarán "Heroes e Viláns Musicais", coa intervención da Banda de Música Sinfónica do Conservatorio e pezas de Tchaicovsky, Wagner e John Willians, entre outros.
Ao igual que en anos anteriores, o Concello de Vigo e o Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVigo) están a colaborar na organización dos concertos didácticos programados neste curso académico por esta última institución educativa.
Deste xeito, os vindeiros días 7 e 9 de marzo, entre as 11,00h e as 12,00h, no Auditorio Martín Códax do CSMVigo, desenvolverase o concerto didáctico "Heroes e Viláns Musicais", coa intervención da Banda de Música Sinfónica do Conservatorio e músicas de Tchaicovsky, Wagner e John Willians, entre outros.
O goberno de Vigo, a través da concellería de Educación, difundíu a convocatoria nos centros educativos da cidade (entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria, público obxectivo da actividade) e puxo a disposición dos centros interesados o transporte en autobús entre o colexio e o propio Conservatorio Superior, a través do programa Vigoeduca.
Así, o vindeiro martes 7 de marzo e o xoves 9 de marzo, algo máis de 600 alumnos/as de 12 centros educativos de Vigo (públicos e concertados) asistirán a esta interesante actividade de promoción e coñecemento da música clásica. Para o mellor aproveitamento desta experiencia, o CSMVigo pon a disposición dos participantes unha Unidade Didáctica específica para esta actividade, que os centros poideron descargarse da páxina web do Conservatorio.
Estes concertos didácticos, xunto cos ofertados este ano polo Concello de Vigo a través das súas escolas de música ("A cara feminina da música" da Escola municipal de música de Vigo -EMMV- e "Migrasóns" da Escola municipal de música folk e tradicional -ETRAD-), e que nas dúas últimas semanas de xaneiro reuniron no Auditorio municipal a perto de 2.500 alumnos/as de 49 centros públicos e concertados de Primaria e Secundaria, supoñen un importante reforzo dos recursos que os centros educativos da cidade dispoñen para a promoción, coñecemento e divulgación de actividades artísticas e musicais de indubidable interese para o seu alumnado.