Caballero subliña que "queremos continuar na promoción e na acción da igualdade a través do deporte"
O alcalde recibiu este venres a deportistas viguesas, que lle entregaron o manifesto "A Igualdade dá Xogo" desde a "constatación" de que as mulleres teñen "máis presenza" no deporte. Caballero recordou que o Concello presta apoio "significativo" á promoción da igualdade e do deporte feminino.
Abel Caballero expuxo que o goberno de Vigo ten axudas ao deporte nas que se inclúe o deporte feminino e, desde o ano pasado, existe un apoio específico e "moi significativo" de promoción da igualdade e do deporte feminino, unhas axudas "adicionais" que poden acadar os 139.000 euros.
"Cada vez máis mulleres se incorporan ao deporte, cada vez temos máis presenza feminina, e queremos continuar na promoción e na acción da igualdade a través do deporte", concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes
"Cada vez máis mulleres se incorporan ao deporte, cada vez temos máis presenza feminina, e queremos continuar na promoción e na acción da igualdade a través do deporte", concluíu o alcalde.