Escoitar

O Concello cooperará con Galaxia na edición dunha obra inédita de Carlos Casares

Abel Caballero deu a coñecer o proxecto logo de reunirse este venres co novo director xeral de Galaxia, Francisco Castro. O libro de Carlos Casares será repartido entre 8.000 nenas e nenos vigueses.

venres, 3 mar 2017
1488548609galaxia.JPG
O alcalde de Vigo recibiu hoxe a Francisco Castro, a quen saudou tras asumir a responsabilidade da dirección xeral de Galaxia, que Caballero considera "máis ca unha editorial: é unha parte da historia da cultura da cidade e de Galicia" e salientou o seu compromiso co idioma e coa promoción de escritoras e escritores en lingua galega.

Ademais, o rexedor vigués explicou que o Concello seguirá mantendo unha cooperación activa con Galaxia. Nestes momentos, á proposta da editorial traballan na edición dunha obra inédita de Carlos Casares, que será repartida a 8.000 nenas e nenos vigueses co fin de que se acheguen á obra do autor homenaxeado este ano co día das Letras Galegas e que tamén dirixiu Galaxia.
Descargar todas as imaxes