Escoitar

A Corporación acorda adoptar medidas urxentes para a mellora dos servizos sociais

A unanimidade do Pleno deu luz verde a unha moción do BNG na que se solicita a adopción de medidas uxentes para mellorar os servizos sociais do Concello. Durante o debate, o PSOE presentou unha engádega, que tamén contou co apoio de todos os grupos, para que a Xunta cofinancie o proxecto anual de servizos comunitarios municipais.

luns, 27 out 2014
Todos os grupos apoiaron esta mañá unha moción nacionalista que insta ao goberno local a adoptar medidas urxentes para solución do colapso dos servizos sociais do Concello. Durante do debate, o grupo propoñente aceptou unha engádega do PSOE que tamén contou co apoio de todos os grupos.

A moción do BNG solicita dotar os servizos de todos os recursos humáns e técnicos precisos para responder ás necesidades da cidadanía e cumprir coa lexislación vixente na materia. Pola súa banda, a engádega socialista propón reclamar á Xunta o cofinanzamento do proxecto anual de servizos comunitarios municipais, como o mínimo que esixe o Concello que é o 33%. Tal e como precisou a edil responsable, Isaura Abelairas, este incremento de finanzamento destinarase íntegramente á dotación de persoal de Benestar Social.