O Concello celebrará o próximo domingo o desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2014
O goberno de Vigo, segundo anunciou hoxe luns Santos Héctor, ven de decidir a nova data para o desfile, suspendido polas condicións climatolóxicas adversas. O Concello decantouse polo domingo, ás 17 horas, para non coincidir cos actos centrais do Día Internacional da Muller, que serán o sábado, 8 de marzo.
O próximo domingo, 9 de marzo, ás 17 horas, partirá da Avenida García Barbón, á altura da rotonda de Isaac Peral, o desfile de carrozas e comparsas do Entroido, evento previsto para o pasado sábado e tivo que ser suspendido polas condicións climatolóxicas adversas.
Segundo explicou o goberno local a través do seu concelleiro Santos Héctor, o percorrido manterase con saída na rotonda de Isaac Peral, por García Barbón, Policarpo Sanz e final na Porta do Sol, con duración estimada dunha hora. O Concello decidiuse polo domingo para non coincidir cos actos centrais organizados polo Día Internacional da Muller, o sábado 8 de marzo, data na que tamén xoga o Real Club Celta no estadio municipal de Balaídos.
Unha vez analizados os informes oficiais coas previsións meteorolóxicas adversas previstas para toda a xornada do pasado sábado, día 1 de marzo, a comisión organizadora do Entroido 2014 (formada polo Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo"), co asesoramento dos servizos de Protección Civil, decidiron a suspensión do desfile de comparsas e carrozas, co obxecto de garantir a seguridade das persoas participantes.
Descargar todas as imaxes