Licenciados en Dereito realizarán prácticas en departamentos municipais
O alcalde, Lois Castrillo, asinou co decano do Colexio de Avogados, Alfonso Álvarez Gándara, un convenio para a cooperación na formación práctica de futuros letrados da Escola de Práctica Xurídica ”Concepción Arenal” en materias xurídico-administrativas de competencia municipal.
Castrillo sinalou que con este convenio se pretende coadxuvar a formación de novos profesionais e o coñecemento da administración coa dotación de seiva nova nos servicios municipais nos que desenvolverán o seu labor. Isto redundará na mellora dos servicios e no beneficio da cidadanía.
Para este fin establecerase un período de prácticas dun curso escolar para o alumnado do segundo ciclo da escola. Os departamentos municipais nos que os licenciados desempeñarán o seu traballo son Tributos, Medio ambiente, Omic, Asesoría xurídica, Recursos, Tráfico e seguridade, Patrimonio e contratación e Urbanismo. En total serán 10 os beneficiarios do convenio.
Descargar todas as imaxes