Escoitar

Xuventude patrocina o Festival Technological.. 02

mércores, 30 out 2002
imx1930.jpg
García, Domínguez e Paul
O Festival de música e arte electrónica de Vigo celebrarase o 9 de novembro na praza E e nas pistas de Balaídos onde se instalarán pantallas en túnel e esferas móbiles que permitirán combinar audio con imaxe. O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, explicou que este evento está entre entre os máis importantes de Galicia pola súa repercusión e as novidades que incorpora.

”Xente de fóra da cidade vaise desprazar ata Vigo para asistir a este festival no que os mozos encontrarán alternativas de lecer”, afirmou Domínguez. Sortearanse entradas para que os posuidores do carné Noites Vivas poidan acudir de xeito gratuíto, como actividade complementaria deste programa. O concelleiro manifestou o seu agradecemento a Élite Musical pola categoría do festival e o cartel de dj´s presentado.

O organizador do evento, Paul, explicou que se realizará unha exploración de novos conceptos de creación artística con teatro, danza e música para gañar espectacularidade. Isto reforzarase coa feira tecnolóxica que acollerá a praza E durante a xornada na que se presentarán prototipos de máquinas de mestura de son únicos como o MC-09 ou o MC-909. Actuarán Kazu Kimura, proveniente de Xapón, Dylan Drazen, Bando ou JS Chencho, entre outros.

As entradas poden adquirirse de forma anticipada por 16 euros para o día e 18 euros para a noite en El Corte Inglés, Elite, Gong, Hartplastic e Babieca. Está prohibida a entrada de menores de 18 anos.
Descargar todas as imaxes