O humidal da Bouza someterase a un proceso de desratización durante 15 días
O Concello emprenderá no humidal da Bouza unha campaña de desratización consistente nun conxunto de técnicas de saneamento aplicadas para o control e erradicación de roedores. Os propietarios de cans deberán cumplir a ”Ordenanza municipal para a protección e posesión de animais” na que se prohibe que vaian soltos na cidade e deberán ter especial coidado durante os 15 días que dure a campaña xa que se colocarán cebos en superficie.
O obxectivo fundamental deste programa é a reducción dos riscos sanitarios derivados da presencia de animais non desexados co fin de mellorar as condicións hixiénicas da zona. A desratización activa está baseada en técnicas destructivas que serven para causarlle a morte aos roedores. Os procedementos que se van empregar nesta zona son cebos coñecidos como bloques parafinados de 20 gr. suxeitos cun aramio e sobres con pasta raticida no seu interior.
As zonas de tratamento nas que se realizan periodicamente estas campañas son no subsolo, nas redes de saneamento e semafórica, e en tódalas zonas exteriores que se determinen como posibles focos, incluíndo canles do río, zonas de acequias, solares e calquera espacio de insalubridade que se observe trala inspección previa.
Fases da campaña
A inspección é a primeira actuación que se realiza en todo o programa de control. Consiste no estudio pormenorizado da zona, determinación do grao de infestación, identificación correcta das especies a combater e establecemento de cáles van ser os métodos de aplicación máis axeitados segundo os resultados obtidos da propia inspección. Dunha correcta inspección poderán alcanzarse niveis óptimos de control. Nesta ocasión, observouse unha posible perigosidade pola presencia de cans soltos que merodean a zona, incumprindo a ordenanza municipal ao respecto.
A fase de tratamento consistirá nunha campaña de choque que terá por obxectivo a reducción da poboación de múridos a uns niveis aceptables de tal forma que non poñan en perigo a saúde das personas e do contorno. Para alcanzar este obxectivo aplicaranse técnicas de desratización activa con emprego de formulacións de rodenticidas.
A fase de mantemento ten unha grande importancia dentro dunha campaña de control de roedores. As razóns son obvias, resultando imposible pretender un control eficaz se non é posible garantizar que tanto os métodos aplicados como os rodenticidas utilizados se manteñen nos niveis de calidade e cantidade adecuados. A fase de mantemento ten por obxecto establecer unha vixilancia permanente sobre calquera aparición de focos.
Os técnicos municipais determinaron que, nestes momentos, toda a cidade está desratizada despois do control efectuado en 18.000 tapas de saneamento. Tódalas semanas póñense cebos que non superan o 10% da súa utilización, polo que a poboación de roedores está controlada.
Colaboración cidadá
Para contribuír a diminuír o número de ratas débese eliminar a existencia de lugares que propicien o seu aniñamento en locais, edificios e solares así como o acceso a comida porque a falta de alimentos reduce a fecundidade e fertilidade destes animais. Entre as medidas nas que deben colaborar os cidadáns está:
-Non colocar lixo fóra dos colectores destinados a este fin.
-Inspección sistemática de tuberías dos edificios (principalmente baixos e sotos) e arranxo das mesmas se están deterioradas.
-Revisar a posible existencia de buracos (madrigueiras ou túneles) nos baixos e sotos dos edificios. Se a posible entrada fosen portas ou sistemas de ventilación manteranse sempre pechados ou se colocarán mallas de protección dun diámetro inferior a dous centímetros. Estas medidas estremaranse en caso de almacéns e despensas.
-Os solares e patios abandonados deberán estar acotados e limpos, sen comida e refugallos que favorezan o aniñamento. Maior atención requiren aínda as naves e casas abandonadas ou pechadas durante longos períodos de tempo.
-A desratización só produce os efectos desexados se os ciudadáns colaboran. Este é o factor máis importante. A colaboración e concienciación cidadás son imprescindibles para controlar a proliferación de roedores.