Escoitar

Xuventude colabora na I Feira de Asociacións da Universidade de Vigo

martes, 29 out 2002
imx1923.jpg
Docampo e Domínguez
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, inaugurou a I Feira de Asociacións da Universidade de Vigo, “Universitúa”, organizada en colaboración co Vicerrectorado de Extensión Universitaria, que se desenvolve ata o 31 de outubro nas Facultades de Dereito Económico e Empresariais e Económicas así coma en varios locais de Cidade Universitaria.

O inicio da mostra contou cun espectáculo aéreo a cargo do “Club Universitario de Deportes Aéreos de Vigo”, que abrangue paracaidistas, exhibición de aeromodelismo e acrobacias. Na apertura, xunto ao concelleiro, participaron o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo e o representante de estudiantes José Fernández, que realizaron un percorrido polos principais stands.

Na feira expoñen as súas actividades 34 asociacións e espérase a visita de 15.000 universitarios en horario ininterrompido de 11,00 a 19,00 horas.

A iniciativa, que ten coma obxectivos principais impulsar o asociacionismo na Universidade e darlle a coñecer á sociedade en xeral estas actividades universitarias, dispón de 45 stands do máis diverso. Estes divídense en tres apartados: espectáculos, actividades participativas e actividades informativas. Así durante os tres días da feira os universitarios poderán disfrutar de obras de teatro (Xerigonza), animación na rúa, búsqueda de novos actores, foros de literatura, cine, deportes (aeróbic e arco), degustación de comidas, murales de expresión libre, pintura e escritura xaponesa, sumo, recitales poéticos, xadrez, badminton, taichi, presentacións multimedia, exposicións fotográficas da feira, charlas e conferencias, etc...

En total haberá máis de 200 opcións distribuídas nos postos de 14 asociacións universitarias (Sociedade Minerolóxica Galega, Club Universitario de Deportes Aéreos, Grupo de teatro Saraiba, Cine Club Kinema, Radio Club Teleco-Vigo etc...), 20 asociacións non universitarias (Amnistía Internacional, Proxecto Home, Marcha Mundial das Mulleres, Legais “Irmandade de lesbianas e gays de Vigo”, Grupo Erva, Club Montañeros celtas etc...), stands institucionais e empresariais.
Descargar todas as imaxes