A Corporación solicita que Vigo sexa sede do Padroado do Parque Nacional Illas Atlánticas
O Pleno da Corporación acordou solicitarlle ó Ministerio de Medio Ambiente e á Concellería de Medio Ambiente que designen a Vigo sede do Padroado Rector e lugar de situación das oficinas centrais do Parque Nacional Illas Atlánticas.
O acordo tomouse tras unha moción presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Lilian Álvarez, que considera que a situación do Padroado en Vigo “non soamente constitúe un recoñecemento ós esforzos que o Concello vén realizando desde hai décadas para preservar a riqueza natural e o valor ecolóxico das Illas Cíes, senón tamén un elemento dinamizador dos sectores económicos vinculados ó turismo e ó comercio”.
Con esta decisión, a concelleira reafirma, tamén, o seu interese en aproveitar a oportunidade de converter o Parque Nacional Illas Atlánticas en estandarte da protección do medio ambiente, nun elemento de educación ecolóxica e nun instrumento didáctico que poña en valor ante as futuras xeracións a riqueza do patrimonio natural de Vigo.