Escoitar

Ana Gandón asistiu á presentación da Fundación Galega da Muller Emprendedora

venres, 25 out 2002
imx1911.jpg
Asistentes ao acto
A concelleira de Muller, Ana Gandón, asistiu ao acto de presentación da Fundación Galega da Muller Emprendedora que se desenvolveu na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

A Fundación Galega da Muller Emprendedora é unha entidade sen ánimo de lucro creada co obxectivo de potenciar e reforzar a participación da muller no eido empresarial para o que seguirá diversas liñas de actuación que van desde a creación de viveiros empresariais ata a formación de mulleres en diversas disciplinas relacionadas coa xestión.

Esta iniciativa trata de fomentar que as mulleres estean preparadas para formar parte do tecido empresarial da comunidade, á vez que propiciará a comunicación entre diversas entidades centradas en conseguir a igualdade profesional.

Conferencias, xornadas de orientación laboral e de desenvolvemento rural, así como a formación de desempregadas e a súa capacitación profesional integrarán a oferta da Fundación Galega da Muller Emprendedora.
Descargar todas as imaxes