O alcalde recibiu a John S. Potter e Owen Lee, buscadores do tesouro de Rande
O alcalde, Lois Castrillo, entrevistouse cos mergulladores norteamericanos John S. Potter e Owen Lee que entre 1955 e 1960 pescudaron a enseada de Rande na procura do galeón ”Santo Cristo de Maracaibo”.
O novaiorquino Potter, enxeñeiro por Harvard, fundador e principal accionista da “Atlantic Sauvage Company Limited”: acadara o permiso para mergullarse nas augas viguesas o 16 de agosto do 1955. Segundo a licencia, válida para tres anos, todo canto se atopase pertencería “integramente ó Estado español, que lle entregaría á compañía concesionaria, en moeda nacional española, o cincuenta por cento do valor dos obxectos extraídos, ou o corenta por cento cando o valor excedese o millón de pesetas”. Sen embargo, como recoñecen actualmente os norteamericanos o único tesouro que acharon na época foi o de coñecer a cidade e os seus habitantes.
John Potter presentou no Museo do Mar o seu libro “Na busca do tesouro da ría de Vigo”, no que recolle a experiencia daquela expedición da que tamén tomaba parte o belga Robert Stenuit.
Descargar todas as imaxes