Escoitar

Xuventude colabora coa feira Universitúa na que haberá máis de 200 actividades de lecer

mércores, 23 out 2002
A feira Universitúa, organizada pola Universidade de Vigo en colaboración coa Concellería de Xuventude, celebrarase do 29 ao 31 de outubro no campus de Lagoas-Marcosende. Este evento, que contará con 45 stands de colectivos, pretende fomentar o asociacionismo xuvenil.

O grupo de teatro Xerigonza realizará actos de animación na rúa e busca de novos actores, haberá tamén degustacións gastronómicas, foros de literatura e cine, tiro con arco, obradoiros de pintura e escritura xaponesa, recitais poéticos, tai-chi, lingua de signos, loitadores de sumo ou presentacións multimedia.

As facultades de Dereito Económico, Económicas e Empresariais e diversos locais da Cidade Universitaria serán os escenarios nos que se desenvolverán as actividades.