A xunta de voceiros reclama que se compense aos concellos pola perda de ingresos que provocaría a supresión do IAE
A Xunta de Voceiros trasladará ao pleno da corporación municipal a proposta de que manifeste a absoluta necesidade de que calquera reforma da Lei de Financiamento das Facendas Locais leve aparellada a compensación aos Concellos pola perda de ingresos. Esta proposta deriva dun informe presentado polo concelleiro de Facenda, Xavier Toba, no que se explican os prexuízos económicos que suporía para as arcas locais a aprobación do proxecto de reforma presentado polo Goberno central.
A entrada en vigor da nova lei tal e como está concebida levaría consigo que o Concello de Vigo deixara de ingresar uns dez millóns de euros que actualmente recada a través do IAE. O proxecto de lei non prevé ningunha compensación por esta perda de ingresos, polo que o concello se vería obrigado a subir notablemente outros impostos para manter a súa suficiencia financeira.
Xavier Toba afirma que a supresión do IAE sen unha compensación económica para os concellos provocaría resultados catastróficos, xa que as entidades locais terían que aplicar a outros contribuintes unha carga fiscal desproporcionada. Toba asegura que o goberno central quere facer pagar aos concellos o custo das súas promesas electorais propoñendo medidas que atentan contra a autonomía financieira das entidades locais e reducen os seus recursos económicos.