Escoitar

O Concello tramita a modificación do PXOU para ampliar a clínica de Fátima

xoves, 24 out 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo decidiu comezar a tramitación da modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito do Polígono de Fátima. O obxectivo da modificación é facilitar as obras de ampliación da clínica de Fátima.

A modificación proposta consiste unicamente no cambio de cualificación nos terreos propiedade da Sociedade Centro Médico Gallego S.A.. Actualmente teñen a consideración de solo residencial e coa modificación pasarían a ter uso dotacional. Ademais a proposta prevé a modificación da aliñación da rúa Asturias, para que pase de 10 a 12 metros de ancho.