Escoitar

As Noites Vivas ofrecerán arredor de cen actividades alternativas de lecer cada mes

xoves, 24 out 2002
imx1904.jpg
Cartel
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou a programación de Noites Vivas que a partir do 1 de novembro ofrecerá obradoiros, espectáculos, prácticas deportivas, concertos, novas tecnoloxías e audiovisuais, entre outras actividades, durante tódalas fines de semana.

O programa, elaborado a partir do foro Noites Vivas, incorpora as propostas dos colectivos xuvenís de Vigo co obxectivo de que participen na elección dos eventos. Haberá un tempo selfservice no que os obradoiros propostos serán de libre elección (chapas, cestería, abalorios, pintado de camisetas, globoflexia, tatuaxes, coiro, papiroflexia...)

Santiago Domínguez explicou que será a afluencia de mozos a que demostre que a xuventude quere alternativas de lecer. ”Cos datos de afluencia e número de actividades agardamos seguir sendo a segunda cidade do Estado español na que máis rapaces participan”, afirmou o concelleiro, ”xa que así se poderán asegurar alternativas de ocio durante a fin de semana e un futuro mellor para todos”.

Entre as novidades desta edición, está a necesidade do carné Noites Vivas, imprescidible para participar nas actividades programadas e nos sorteos. Pódese conseguir na Casa da Xuventude, Centro Xuvenil da rúa Uruguai, Cibercastro, Concellería de Deportes e tamén nas sedes de Noites Vivas ao inicio das actividades. O carné, sen afán recadatorio, ten un prezo de 6 euros destinado a fidelizar a asistencia dos mozos. Os posuidores do carné participarán en sorteos de televisores, portaCDs, entradas para concertos e eventos deportivos de alto nivel que se celebren en Vigo.

As sedes permanentes onde se celebrarán as actividades son os pavillóns de Coia e do Berbés, o local de Abertal e o Centro de Xuventude da rúa Uruguai. Nas anteriores edicións de Noites Vivas non houbo ningún incidente nas instalacións, o que demostra que os 16.000 mozos participantes tamén saben valorar as actividades destinadas para eles e respectar as normas de prohibición de alcohol e tabaco nestes espacios, concluiu Santiago Domínguez.

Entre os patrocinadores do primeiro trimestre do programa Noites Vivas están Caixanova, o centro comercial Praza E, Faro de Vigo, Coca-Cola, a Asociación de Comerciantes de Vigo e a Fundación Vigo-Deporte.
Descargar todas as imaxes