Escoitar

O Concello organiza cursos de formación para persoas voluntarias

venres, 25 out 2002
A Oficina Municipal de Voluntariado organiza cursos formativos co fin de orientar, asesorar, formar e guiar tanto a colectivos como a persoas con inquietudes en fomentar o voluntariado. Os cursos realizaranse durante os meses de novembro e decembro e o prazo de inscrición esta aberto ata o martes 29 de outubro.

As primeiras clases serán un Curso Básico no que se pretende un achegamento xenérico á identidade do voluntariado e o plan de acción que se pode levar a cabo dende os programas que se están executando dende a Oficina Municipal do Voluntariado.

O Curso Específico, dirixido ás persoas que xa realizan actividades voluntarias no Programa de Acompañamento Social, no que se tratarán aspectos como o a relación de axuda , a interacción social na prestación de servicios voluntarios, escoita activa, comunicación...

As persoas interesadas en participar nestes cursos de formación poderán inscribirse ata o martes día 29 na Oficina Municipal de Voluntariado, situada na lonxa do Concello, chamando ó teléfono 986 810 213 ou a través do correo electrónica ofi.voluntariado@vigo.org.