Comezan os cursos de formación para persoas voluntarias
Sesenta persoas participaran nos cursos de formación organizados pola Oficina Municipal de Voluntariado, da concellería de Participación Cidadá. Os cursos, que comezan esta tarde, teñen como principal obxectivo orientar, asesorar, formar e guiar ás persoas que queiran ser voluntarias.
O plan de formación realizarse durante os meses de novembro e decembro no Centro de Servicios Sociocomunitario do Casco Vello e estará impartido por Santiago González Avión.
Esta formación abrangue dúas modalidades de cursos, por un lado, un Curso Básico que pretende un achegamento xenérico á identidade do voluntariado, ó plan de acción a desenvolver dende os programas de voluntariado que se están levando a cabo dende a Oficina Municipal de Voluntariado. Este curso ten unha duración de 15 horas .
Por outra banda, está o Curso Específico que vai dirixido a todos os voluntarios/as que colaboran ou colaborarán no “Programa de Acompañamento”, que pretende prestar un servicio de apoio e colaboración con aqueles sectores máis desfavorecidos da poboación de Vigo. Neste curso trataranse aspectos como o de “relación de axuda”, “a comunicación”, “escoita activa”, ... terá unha duración de 18 horas.
Unha vez que rematen os cursos, realizaranse uns encontros mensuais coas persoas voluntarias coa intención de que se cree conciencia de grupo, de valorar as necesidades e expectativas dos voluntarios/as e de que se produza un intercambio de experiencias.