Escoitar

A concentración contra os malos tratos deste mes dedicarase a Samuel Endara, buscado pola Interpol

mércores, 30 out 2002
A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e a Vocalía da Muller da Federación Veciñal ”Eduardo Chao” convocan unha concentración para denunciar as agresións sufridas polas mulleres víctimas dos malos tratos que no que vai de ano acabaron coa vida de 56 mulleres.

Este mes a concentración será o xoves 31 de outubro ás 20:00 na rúa do Príncipe e realizarase unha mención especial á orde de localización dada pola Interpol do neno Samuel Endara, secuestrado polo seu pai e que debe ser devolto a quen ten os dereitos legais de tutela.

Ana Gandón amosou o seu apoio a esta convocatoria e criticou o labor da Asociación de Pais Separados, presidida por Alejandro Urcera, que tivo tres anos retido ao seu fillo en paradeiro descoñecido para a familia. Este colectivo fomenta o secuestro de menores e protagoniza actos de grande espectacularidade que prexudican os seus fillos, dixo a concelleira.

A corporación acordou no último pleno facer un chamamento á cidadanía co obxecto de que rexeite e combata calquera conducta que supoña a utilización dos fillos e cativos como medio de solución de problemas. Tamén acordou o personamento do Concello de Vigo exercendo accións xudiciais de acusación pública nos Xulgados de Vigo contra Nicolás Endara, pai do rapaz.