Escoitar

Mondariz acolle un especial dedicado á canción hispano lusa da soprano Teresa Novoa

xoves, 31 out 2002
imx1933.jpg
Teresa Novoa
A soprano Teresa Novoa acompañada do pianista Alejo Amoedo ofrecerá un monográfico da canción hispano portuguesa no século XX con estrea das “Cantigas de amigo” de Margarita Soto. Este evento, incluído no programa Are-More da Concellería de Cultura, celebrarase o 2 de novembro ás 20:00 no Hotel Meliá Mondariz-Balneario en memoria de Ángeles Gulín. A soprano ofrecerá un traballo de gran calidade nas súas exposicións, sempre claras e de extraordinario vigor.

Nacida en Ponteareas (Pontevedra), Novoa comezou os seus estudios musicais en Galicia con Raimunda Lusquiños, para remata-los específicos de Canto en Madrid baixo a cátedra de Pedro Lavirgen, conseguindo varios Premios de Honra. Ampliou estudios con mestres como Montserrat Caballé, Jaime Aragall, Danielle Ferro (Siena- Italia), Ileana Cotrubas, Ian Baar, Felix Lavilla ou Miguel Zanetti.

O seu repertorio é extenso, abarcando dende a música barroca ata a contemporánea. Participa activamente en Ciclos de Música Sacra en distintos puntos de España e ofreceu recitais en distintos países de Europa, ademais de Venezuela, Arxentina e Brasil.

Forma parte do CD “Homenaje a Rodrigo” que obtivo o premio ó Mellor Álbum de Clásica na VI Edición dos Premios da Música (2002). Ten gravados, a “Cantata Melida” de Fernando V. Arias e Ramón Fraga (Texto), Clásico de Nadal, Homenaxe á Zarzuela, “Dun tempo sen Tempo” e o mencionado CD.

Estreou como protagonista a ópera “La Dolores” de Bretón no Teatro Villamarta de Xerez da Fronteira coa dirección de Miguel Ortega así como no Pazo de Festivais de Santander, no Teatro Cervantes de Málaga e Campoamor de Oviedo baixo a dirección de Tulio Galiardo.

Nesta ocasión estará acompañada por Alejo Amoedo. Nacido en Redondela (Pontevedra) realizou os seus estudios musicais nos conservatorios de Pontevedra, Santiago e Vigo. Baixo a dirección de Miguel Zanetti especialízase no acompañamento vocal. Foi bolseiro da Xunta de Galicia como pianista no 1º Programa de Práctica Orquestral convocado polo IGAEM.

Xunto co pianista Carlos Pérez teñen acadado varios galardóns en Xirona, Zaragoza e París na especialidade de piano a catro mans e dous pianos.

PROGRAMA

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes