Escoitar

O consello de administración do IMD realiza unha visita ás instalacións

venres, 15 nov 2002
As instalacións deportivas municipais serán visitadas o sábado 16 de novembro polos membros do consello de administración do Instituto Municipal dos Deportes. O percorrido principiará ás 10:00 no pavillón municipal das Travesas, onde se visitará a pista vermella, o frontón cuberto, a piscina, o pavillón e ximnasio do Carme e os locais da Fundación Vigo en Deporte.

A continuación, sairán cara o pavillón de Bembrive arredor das 11:30. Ás 12:00 dirixiranse cara a piscina municipal de Teis e, media hora despois, visitarán o ximnasio e mailo pavillón do Berbés. Ás 13:30 está prevista a visita do campo municipal de Bouzas e as obras do pavillón polideportivo. A saída para visitar o complexo deportivo de Samil será ás 14:00 horas.

As demais instalacións municipais quedarán pendentes para unha posterior visita.