O alcalde apoia o proxecto da nova sede en Vigo da Fundación Barrié de la Maza
O alcalde, Lois Castrillo, e o vicepresidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza, José María Arias Mosquera, presentaron o novo proxecto cultural desta entidade para a cidade de Vigo. Castrillo manifestoulle o apoio do Concello ”para situar a sede da Fundación nun edificio do arquitecto Gómez Román que contribuirá a reforzar as dotacións culturais dunha cidade empeñada en medrar”.
”Temos no centro da cidade un conxunto de colectores públicos e privados que representan a meirande concentración de espacios culturais de Europa”, dixo Castrillo. Coas obras de reforma e ampliación do edificio que alberga o Banco Pastor, a Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrecerá, cunha solución arriscada e creativa do arquitecto, unha nova faceta desta entidade ”prestixiosa pola promoción da cultura e investigación”, manifestou o alcalde.
”O edificio permitirá desenvolver calquera actividade cultural cunha completa liberdade en canto a espacios, conseguida a través dunha sostificación técnica e de deseño constructivo”, afirmou José María Arias. O edificio contará con 3.000 m2 distribuídos en cinco andares e disporá dun auditorio cun sistema de butacas que se poden recoller, pendentes do teito, que ofrecerá flexibilidade e axilidade para incorporar espacio para a sala de exposicións. O investimento previsto é de 14 millóns de euros.
A Fundación agarda comezar as obras da súa sede viguesa no primeiro trimestre do vindeiro ano para poder inaugurala a finais de 2004. A proposta para a nova sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza en Vigo situarase nun emblemático edificio do arquitecto Manuel Gómez Román construído en 1919 na rúa Policarpo Sanz.
O proxecto de rehabilitación, ampliación e reforma realizado polos arquitectos Emilio Tuñón Álvarez e Luis Moreno Mansilla dálle unha resposta contemporánea, equilibrada e precisa ao colector existente cunha disposición de ocos na fachada que condiciona e posibilita a resolución do programa da nova sede con criterios de flexibilidade e versatilidade funcional.
O proxecto contempla a materialización dun edificio sobrio e elegante no seu exterior, que ten no interior vocación de construír un espacio máxico, unha ”caixa dos milagres” onde acoller calquera actividade posible mediante un conxunto de escenarios polivalentes, dinámicos e cambiantes.
Descargar todas as imaxes