Escoitar

O programa Cine-ensino incidirá na prevención de drogodependencias

venres, 15 nov 2002
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a nova edición do programa Cine-ensino destinado á prevención de drogodependencias, incluído no ámbito de educación para a saúde. Mediante a proxección de tres filmes, a elaboración de unidades didácticas e un curso de formación do profesorado implicarase a 1.535 participantes de 18 centros educativos vigueses.

”A proxección de películas é unha fórmula privilexiada para analizar comportamentos e propoñer accións de carácter preventivo”, sinalou a concelleira. O vindeiro luns 19 de novembro principian as proxeccións que analizarán a problemática das drogodependencias.

Co programa Cine-ensino cóbrese a actuación preventiva en tódolos niveis escolares, xa que está dirixido a alumnado de primeiro e segundo de ESO e complementa as demais actuacións da Concellería de Benestar Social.