Escoitar

A melodiosa voz de Teresa Berganza soará nunha noite de gala do festival Are-More

xoves, 14 nov 2002
imx1982.jpg
Teresa Berbanza
Acompañada polo pianista Juan Antonio Álvarez Parejo, Teresa Berganza ofrecerá un exquisito programa que combina música barroca, romántica e española do século XX. Teresa Berganza é unha lenda viva no mundo do canto, con máis de catro décadas de carreira, que chega ao festival Are-More para ofrecer unha noite de gala o 16 de novembro no Cine Fraga-Caixa Galicia.

Teresa Berganza enriquece os sons mediante un implacable fraseo, logrando que a palabra se proxecte nidia a través dunha emisión na que o virtuosismo traduce ritmos e cadencias con sutileza de orfebre. Obras de Vivaldi, Scarlatti e Rossini forman parte da primeira parte do repertorio e de Hahn, Guridi, Halfter e Falla constitúen a segunda quenda da interpretación.

Berganza enfeitizou a Ópera de París, Viena, Scala de Milán, Covent Garden, Ópera de Roma, Colón de Bos Aires, Metropolitan de Nova York, Ópera de Dallas, Chicago, San Francisco, Ópera de Hamburgo, Estocolmo, entre outras, baixo a dirección orquestral de Giulini, Rescigno, Von Karajan, Solti, Mehta, Abbado, Baremboim, Muti ou Adler e co rigor escénico de Zeffirelli, Rennert, Ponelle, Strehler e Faggioni.

Antonio Álvarez Parejo debuta en 1980 con Teresa Bergaza no Teatro Principal de Valencia. Dende ese momento convértese no seu pianista habitual así como do barítono español Iñaki Fresán. Traballou tamén con María Bayo, Elisabete Matos, Mª José Montiel e moitos outros cantantes españois e estranxeiros.
Descargar todas as imaxes