Castrillo recoñece o labor dos corpos de seguridade na investigación dos artefactos explosivos
Castrillo afirmou que se se confirma que realmente os detidos pola Policía son os autores dos incidentes acontecidos a semana pasada en Redondela e Cabral os cidadáns van quedar máis tranquilos. O alcalde recoñeceu o labor dos corpos policiais que, tal como lle solicitara, axilizaron a investigación para garantir a seguridade dos vigueses. ”Debemos agardar aínda a confirmación de que esas detencións resulten ser dos autores dos crimes”, sinalou Castrillo.
Pola súa parte, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, expresou o seu desexo de que as detencións producidas na parroquia de Cabral de tres persoas presuntamente relacionadas coas explosións en Vigo e Redondela sirvan de exemplo para que un suceso deste tipo non se volva repetir.