Escoitar

A economía somerxida analizarase nuns encontros sindicais patrocinados pola Concellería da Muller

martes, 12 nov 2002
imx1975.jpg
Programa
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou o VII Encontro Sindical da Muller dedicado á economía somerxida. As xornadas, organizadas conxuntamente pola UXT, CC.OO. e CIG, desenvolveranse o 14 e 15 de novembro no hotel Lisboa e contan coa colaboración da Concellería da Muller.

Ana Gandón destacou que estes encontros son valiosos desde o punto de vista informativo porque axudarán a entender a situación actual do mercado laboral. Neles avaliarase o papel da muller como suxeito laboral activo, o acceso ao mercado de traballo e os espacios laborais que ocupan, con especial fincapé na economía somerxida.

As secretarias xerais de muller Olga Alonso por UXT, Elena Rodríguez por CC.OO. e Cristina Fojo por CIG son as encargadas de coordinar estes encontros. As conclusións das xornadas trasladaránselles aos sindicatos a modo de reivindicación.

A pesar de non existiren datos reais sobre a economía somerxida, a Inspección de Traballo detectou no pasado ano 46.738 casos cunha incidencia dun 80% en sectores claramente feminizados asociados a traballos a domicilio na súa maioría. A economía somerxida representa o 23% do Producto Interior Bruto.

Programa

Xoves, 14 de novembro

10:00 Inauguración das xornadas
10:30 Estudio sectorial do traballo precario en Galicia. Relatora: Mar Rodríguez Alonso
12:00 Descanso
12:30 Mesa redonda: análise da situación laboral das mulleres nos sectores sumerxidos.
Relatoras: Lourdes de Jesús Leites Ribeiro, Transi Fernández Fernández e Rosa Acuña Salgado
Modera: Elena Rodríguez (CC.OO.)
14:00 Comida
16:30 Economía sumerxida: análise global
Relatora: Teté Pérez Pardo

Venres, 15 de novembro

10:00 Traballo con dereitos: lexislación e cambios necesarios.
Relatora: María do Carmo García Negro
11:30 Mesa redonda: Accións postivas. Perspectivas de futuro
Relatoras: Anabel Martínez Díaz, Beatriz Caamaño Rascado e Isabel Gómez González
Modera: María Reza Torraso (CIG)
13:30 Conclusións
Modera: Olga Alonso Suárez (UXT)
Descargar todas as imaxes