Aprobados cinco proxectos de pavimentación de rúas
A Comisión de Goberno aprobou cinco proxectos de pavimentación de rúas que se contratarán por medio dunha poxa aberta. Estes cinco proxectos están avaliados e 280.000 euros e corresponden ás rúas Coruña, Isaac Peral, Simón Bolívar, Antela Conde e Marqués de Alcedo.
O Concello está a desenvolver este ano un Plan de Mellora das rúas de Vigo no que se invisten ao redor dun millón e medio de euros. O obxectivo deste plan é o de mellorar o estado do pavimento das pricipais vías de comunicación da cidade, que se encontraban nunha situación precaria despois das distintas obras que se executaron (saneamento, gas, cable...)
Hai poucos días remataba o asfaltado da avenida de Balaídos, de Doutor Corbal, de Álvaro Cunqueiro e de Antonio Cominges. Nos próximos días executaranse outras obras que xa foron adxudicadas e entre as que destaca a da pavimentación de Sanjurjo Badía.