A Axencia Local da Enerxía forma parte da Asociación Española de Axencias de Enerxía
A Axencia Local da Enerxía integrouse na Asociación Española de Axencias de Enerxía que pretende fomentar as enerxías renovables para mellorar o medio ambiente e contribuír ao desenvolvemento sostible. En total, forman parte deste colectivo 18 axencias locais do Estado pertencentes a concellos e deputacións, oito autonómicas, entre as que está o INEGA, e o IDAE.
O concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Vieitez, que participou en Madrid no acto de constitución deste colectivo, explicou que na reunión se debateron os documentos de borrador de estatutos, a campaña de comunicación e o orzamento. O orzamento previsto para 2003 é de 52.000 euros, 2.000 achegados polas axencias locais e provinciais e 4.000 polas axencias autonómicas e polo Instituto de Diversificación de Aforro Enerxético. Este colectivo está avalado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.
Esta asociación servirá para realizar un traballo solidario de intercambio de experiencias e para constituír un grupo unido para participar nos programas promovidos pola Unión Europea, entre os que se encontra un proxecto de utilización de enerxías renovables que persegue pasar do 6% actual ao 12% en 2010 no consumo enerxético.