Escoitar

Isaura Abelairas solicita a colaboración cidadá para mellorar o servicio de limpeza

xoves, 7 nov 2002
A concelleira de Limpeza, Isaura Abelairas, considera necesario un cambio de hábitos da cidadanía para depositar o lixo no interior dos colectores despois das 21:00 e manter limpa a cidade antes da súa recollida. Instaláronse 1.000 novos colectores, de maior capacidade que os anteriores, e nos próximos días colocaranse os 1.900 restantes.

Abelairas solicita a colaboración dos comerciantes para que esmaguen as caixas e embalaxes antes de depositalos no interior dos colectores para deixar espacio para as bolsas do lixo. Nesta primeira etapa de implantación, hai equipos que realizan mañá e tarde un esforzo especial para recoller as bolsas pegadas aos recipientes que dificultan a recollida lateral automatizada desde os vehículos.

A empresa adxudicataria realiza un estudio coas necesidades de cada zona en función do número de habitantes e de comercios co obxectivo de instalar os colectores nos lugares máis apropiados. Proximamente colocaranse bolardos para evitar que os vehículos estacionen en zonas prohibidas que impiden a recollida automática.