O Promil continúa co plan de obras de acordo co interese público
Dúas brigadas de operarios do Programa municipal de inserción laboral (PROMIL) comezaron a traballar esta semana nas obras de construcción dunha beirarrúa na rúa Mantelas que terá unha lonxitude de 200 metros, dando así resposta a unha petición feita pola asociación de veciños da Salgueira.
Tamén, o PROMIL está a realizar na actualidade, entre outras, obras na rúa Portela, na praza de Miraflores e na rúa Costa Castrelos, onde coa construcción de beirarrúas facilitarase o acceso tanto ó Campo de Fútbol, como a dous centros escolares.
O plan de actuacións de obras que desenvolve o PROMIL lévase a cabo de acordo coas necesidades solicitadas polos diferentes departamentos do Concello e tamén como resposta a unha demanda cidadá. Nese senso, hai que destacar que, desde que comezou no ano 2001 ata agora, se arranxaron máis de 5.500 metros de beirarrúas na cidade, lonxitude que nun 50% necesitou de obras para a canalización de pluviais.
Lembrar que o PROMIL, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, é unha das actuacións máis importantes do Plan Municipal de Emprego, tanto pola súa filosofía como por ser pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Esta actuación de fomento do emprego supón a contratación de desempregados de longa duración durante doce meses para realizar obras de mellora no entorno urbano e rural do municipio de Vigo. Os beneficiarios deste programa selecciónanse de acordo co criterio de necesidade social, determinado este pola renda familiar.