Inclúese unha ópera para escolares na liña de formación do Are-More
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, dirixiuse aos directores de centros escolares vigueses para que difundan na comunidade educativa o programa da ópera para nenos “O pequeno desenfeluxador”, de Benjamin Britten. Este espectáculo inclúese na liña de formación de públicos do festival Are-More e representarase no Cine Fraga-Caixa Galicia o 29 de novembro ás 10:30 para escolares e ás 20:30 para público familiar cun prezo especial dun euro por entrada.
Esta ópera é moi axeitada para todo tipo de públicos porque foi composta para nenos e mozos cunha hora de duración sen intermedio. A temática e a participación, a través da inclusión de cancións para a audiencia, están tamén especificamente deseñadas para este público.
A organización considera grupos preferentes os escolares de segundo e terceiro ciclo de primaria dos centros de ensino de Vigo.
A presentación de solicitudes de asistencia poderá realizarse ata o 8 de novembro e serán remitidas pola dirección do centro de ensino a través do fax 986-228 438 ou no correo ofi.cultura@vigo.org
A confirmación da inscrición aos centros solicitantes será segundo a orde de recepción e producirase entre o 8 e 9 de novembro. Ademais, entregaráselle unha guía didáctica para desenvolver traballos na aula e información detallada aos colexios participantes: horarios, o acceso, asentos asignados, recepción de grupos e forma de pagamento.
Descargar todas as imaxes