A vella estrada de Madrid transformarase nunha avenida urbana
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e o conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, asistiron ao comezo das obras de acondicionamento da vella estrada de Madrid entre o Seminario e o Meixoeiro. Este é un dos proxectos que o Concello incluiu no convenio que asinou coa Xunta para mellorar as infraestructuras viarias da cidade.
O obxectivo desta actuación, na que se invisten 4.128.340 euros, é a de transformar esa estrada nunha avenida de 2,5 quilómetros completamente urbanizada. Lois Castrillo explicou que esta iniciativa é fundamental para o crecemento de Lavadores, xa que mellorará a calidade de vida dos residentes na zona e favorecerá o desenvolvemento da parroquia.
O proxecto prevé dotar toda a nova avenida con servicios urbanos de alumeado, abastecemento de auga, rede separativa de saneamento e canalización de cable. A avenida contará con espacios de aparcamento de 2,5 metros en cada beira e con beirarrúas de 2 metros.
O alcalde sinalou que o Concello fixo moito fincapé durante a redacción do proxecto na seguridade vial, pensando ante todo na existencia de diversos centros educativos na zona. Por iso se instalarán semáforos e unha pasarela entre os colexios para evitar que os estudiantes crucen a calzada. O prazo de execución da obra é de 24 meses.
Descargar todas as imaxes