”Os luns ó sol” foi vista por máis de 22.000 espectadores en Vigo
A película ”Os luns ó sol”, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura, vai camiño de converterse no filme máis visto na cidade de Vigo con máis de 22.000 espectadores ata o momento nas salas de proxección.
”Os luns ó sol” foi preseleccionada para representar a España nos premios Óscar e gañou a Cuncha de Ouro en San Sebastián. Destaca tamén a boa acollida que está a ter a versión galega da película xa que, máis que unha versión traducida, permítelles ós espectadores achegarse a unha auténtica nova adaptación do guión ó galego.
O filme é un retrato colectivo dun grupo de amigos unidos por unha circunstancia común: o paro e a imposibilidade de encontrar un traballo digno. Javier Bardem lidera un reparto formado por Luis Tosar, José Ángel Egido e Nieve de Medina, entre outros. A película foi producida por Elías Querejeta.
Ambientada na cidade de Vigo, a terceira longametraxe de Fernando León de Aranoa atrévese a relatar a situación de xente que case nunca aparece nunha pantalla de cine. Conta a historia dun grupo de amigos e veciños desempregados, con problemas familiares, que teñen como lugar de xuntanza o bar que abriu un deles co finiquito do estaleiro no que traballaban todos.
Datos
-Número de espectadores da versión en castelán: 18.010
-Número de espectadores da versión galega: 4.088
-Número de espectadores totais: 22.098
Descargar todas as imaxes